¡Ola amiguiños! Chámome Iria, e vouvos contar un conto verdadeiro dunha familia de gatos, que fixeron amizade cunhas persoas, meu avó e miña avoa, que antes non gustaban destes simpáticos felinos, aprendéndolles que tamén os animais teñen intelixencia, sentimentos e normas de conduta propias.
ISBN/13:
Num. Páginas:
Tamaño:
Encuadernación:
Año:
Editorial:
Idioma:
Temática:
9788418683046
72
152x228
Tapa blanda con solapas
2021-03-12 15:40:23
Mr. Momo
Gallego
Relatos sobre animales (infantil/juvenil) (YFP)
Ferrol 1936. Viviu os seu primeiros anos nun arrabalde da vila. Moi influenciado polo cariño do seu pai para con todos os animais, relacionouse desde moi novo, cos paxaros, os coellos, as cabras e cabritiños, os cans e as ovellas, mais non así cos gatos, que eran case descoñecidos para el. Cando tiña oito anos, un encontro cun carneiro, houbo de custarlle a vida, saíndo do trance moi magoado e con varias fracturas. Aos doce anos foi vivir á vila e, a súa relación cos animais quedou bastante esquecida, ata que, xa maior, cando comezou a amañar aquela finca da zona rural, atopouse de novo con aquela relación que tan feliz o fixera de neno. Primeiro foron os cans, os paxaros de todas clases, cabalos, alguna vaca, un burro e, por fin, ¡un gato! Nun principio non lle deu maior importancia, mais pronto quedou impresionado polas cualidades daquel pequeno felino, dando lugar ao nacemento dunha historia que durou máis de vinte anos e aínda sigue, cos herdeiros da familia.
Os seus primeiros libros escritos en castelán son \"Recuerdos del viejo Rácing\" e \"Bazán y Ferrol\", ambos publicados por Biblioteca de Ferrolterra, xunto con \"100 años -Escuela Obrera Ferrol\", publicado por Navantia S.A, no que participou con varios autores. En Galego, tamén participando con outros autores, \"Retallos da Memoria II\", publicado por la Asociación Memoria Histórica Democrática.
Colaborou con máis de trinta artigos en diferentes xornais galegos, na década dos 60 do pasado século, sempre en castelán. Máis adiante as colaboracións alternaban castelán e galego.
A finais de 2010 comeza como colaborador convidado no xornal local, Diario de Ferrol, con un ou dous artigos semanais, ata hoxe, sempre en galego.
Como escribir é o seu vicio máis salientable, garda no seu ordenador máis dunha ducia de relatos e contos, todos en galego.