Maria Isabel Fernandez Diaz
Sus libros

Sabela
Sabela, la jubilada adolescente es su primera novela en castellano. Al jubilarse, indirectamente, sigue la autora con su pasión: enseñar a otros compartiendo lo que le enseñó a ella, plasmando sus vivencias personales en clave de humor, a veces, pero con un realismo práctico; y siendo una inyección de optimismo para TODOS, y para los jubilados en especial.

Tempos de mel e fel
Tempos de mel e fel, é un libro que trata das vicisitudes dunha familia, composta por un mestre, a súa muller e os fillos e os netos, que teñen diversas andainas o longo da vida.
Trata de realismo, que comeza no século XX (a finais) e parte do século XXI; pero ben podía axustarse o panorama actual, en varios asuntos. Hai humor, ledicia e tristura cando se tercia.
É unha renovación mental para algún e real para boa parte do pobo.
Mª Isabel Fernández Díaz naceu en Lugo, e alí estudou a carreira de mester de Primeira Ensinanza. Traballou de mestre na súa cidade natal, e o longo de diferentes localidades galegas, en Barcelona, Canarias e regresou a Galiza, onde reside actualmente, escribindo obras teatrais que representan a diferentes habitantes de diversas idades pero sobre todo na 3ª Idade. Cabe destacar Antas de Ulla e Monterroso, traballou coma docente e no teatro.

Teatro de andar por casa
Teatro de andar por casa é un libro que trata as diferentes vicisitudes o longo da vida dende os nenos de corta idade, pasando polos na idade adulta, ata chegar a una ideade con moitas experiencias acumuladas, que se entremezclan coas vivencias que comparten entre todalas idades.
E a vida en clave de realismo puro, con humor e conclúe cunha moralexa implícita sen ter que nomeala.
Hai tres obras en castelán ao final, con humor, realismo e divertimento, implícito no teatro mesmo.
