Libros.cc

Álvarez Torneiro

Sus libros

Clave de Bóveda

Clave de Bóveda

POESÍA112 pág.ISBN 9788416721764

Este novo libro de Manuel Álvarez Torneiro, inédito e póstumo, é un agasallo que lles deixa o seu autor aos amantes da palabra. Tamén nesta obra volve ofrecer -algo propio dun servo da belezabálsamos para a alma. A súa é unha poesía contra a memoria dunha infancia rota, contra a fame de soños e de pan, contra os océanos da fatalidade e contra o medo que arrefría o corazón. É asemade unha poesía teimuda e permanentemente a favor do milagre invencible do amor, do matemático consolo das músicas e do estourar cómplice da rosa e da camelia. A favor, en suma, da esperanza...

Travesía del conocimiento

Travesía del conocimiento

Poesía de poetas individuales32 pág.ISBN 9788413432359

Como Manuel Ávarez Torneiro sabía muy bien, el auténtico legado de un poeta no son las palabras rimbombantes ni las grandes arquitecturas estilísticas, sino el logro de fosilizar lo esencial y, gracias al lenguaje, dotarlo de eternidad. Y así lo hizo en “Travesía del conocimiento”, su último libro de poemas en castellano. Una obra en la que los versos dialogan con su otra faceta creativa, la ilustración. Un doble reconocimiento para este consagrado autor, ya que no solo se rescata del olvido un poemario inédito de una voz referencial, sino que, por primera vez, se le otorga a su obra plástica una merecida atención.

A vixilia do bosque

A vixilia do bosque

Poesía de poetas individuales88 pág.ISBN 9788419213518

Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito.  Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida.  E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible.