Amelia Xesteira da Cova
Escritora ben coñecida no mundo literario galego, a cambadesa Amelia Xesteira da Cova ven de finar como consecuencia de un desgraciado accidente automobilístico, xusto cando se ía publicar a 3ª edición da súa primeira novela, As casualidades necesarias. Grazas ao seu bo amigo, o tamén escritor, Daniel Pino, a quen lle remitira algunhas correccións á edición, acompañadas do texto do Epílogo que figura como tal no remate desta obra, é que podemos saber quen era esta senlleira escritora, o que lle interesaba, o que lle preocupaba, por que escribía, por que loitaba. Editando esta 3ª edición, que leva un Limiar de Daniel Pino e un Epílogo da propia autora que non agoiraba -ou si?- o seu pronto final, é desexo de todos os que participaron na edición brindarlle a Amelia esta homenaxe póstuma. Que a terra te sexa leve.
Su libro

As casualidades necesarias
Dicía J.L. Monod que en todo acontecer biolóxico, ontolóxico, social ou individual están presentes o azar e a necesidade. Esta novela é ela mesma produto de ámbolos dous elementos. As casualidades, que outra cousa non é o azar, aparecen constantemente entrelazándose coa necesidade nas vidas das e dos protagonistas, envolvidas nun relato que tal como acontece coas matrioskas, se vai abrindo para amosar as diferentes escalas de aproximación a esas vidas, máis tamén ao espazo no que suceden os acontecementos e o tempo do que se quere bocetar con pinceladas impresionistas a Galicia, nomeadamente, a das Rías Baixas, nunha particular óptica do seu devalar do século XX.. Un relato de amor e desamor, de afáns e de arelas, cumpridas ou abortadas, servíndose dunha narrativa múltiple e de escenarios tanto reais como imaxinarios, no que presentar tanto as grandezas como as miserias dun pobo.
