Antonio Castro Voces
Naceu en Quereño no ano 1955. Fixo estudios secundarios en Vilafranca do Bierzo e O Barco de Valdeorras. Licenciouse en Xeografia e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicados diversos libros e artículos en revistas especializadas entre os que destacan:
El Santuario de As Ermidas. Estudios histórico- artístico, económico, socio-religioso y educativo. 1624-1990 (1999);
Guia turistica de A Rúa y Petín (1.991);
Valdeorras, cultura y vino (1.991);
Valdeorras a mediados del siglo XVIII a través del Catastro del Marqués de la Ensenada (1.993);
Os viños de Valdeorras. Denominación de Orixe (1995);
Godello de Valdeorras; emblema de una tierra (2.005);
Larouco, tierra de paso (2002);
Villa y pazo de O Castro (2.003);
Segadores de Castela, escravos de sol a sol (2.003).
Su libro

Correxais
Que pasaría se a túa vida cambiase de rumbo dun momento para outro? Isto é o que lle pasa a Roi, un novizo que ve o seu camiño truncado cando se tropeza co amor. Pero, no trasfondo desta historia chea de momentos doces e doutros máis angustiosos, sucédese a invasión francesa. Un conflito que marca un antes e un despois nos habitantes de Valdeorras, unha comarca situada no noreste da provincia de Ourense. O papel da Igrexa acompañaranos de principio a fin neste relato que non concluirá coa invasión francesa, senón que estará marcada tamén polo esmorecemento do Antigo Réxime. Abusos, tropelías, privilexios, morte... Haberá esperanza para todos os que estiveron baixo o xugo dun sistema discutiblemente xusto?
