Carle
Sus libros

L\"artista que va pintar un cavall blau
Lartista que va pintar un cavall blau és un homenatge al pintor alemany Franz Marc (1880-1916), precursor de lexpressionisme. El seu quadre Blue Horse I va ser la font dinspiració per aquest llibre. Es tracta dun llibre per a pre-lectors i primers lectors que, a partir dun text molt senzill, poden familiaritzar-se amb tota la gamma cromàtica. També poden gaudir de la contemplació duna gran representació danimals domèstics i salvatges, pintats amb formes, traços i colors poc convencionals.

El artista que pintó un caballo azul
Nueva edición en formato acartonado y esquinas redondeadas para prelectores y primeros lectores de «El artista que pintó un caballo azul». Eric Carle ha concebido esta obra como un homenaje al alemán Franz Marc (1880-1916), un precursor del expresionismo al que descubrió gracias a su profesor de arte, Herr Krauss, cuando el régimen nazi prohibía la creación y la difusión de esta vanguardia pictórica y cultural. Su cuadro «Caballo Azul I» le sirvió de inspiración en este y otros libros, que destacan por su inconfundible predominio del color en todas las variedades, tonalidades y texturas posibles.

A araña moi ocupada
O cabalo, a vaca, a ovella... os animais da granxa intentan convencer a araña para que os acompañe. Ela, con todo, continúa ocupada facendo a súa tea ata que atrapa unha mosca... Unha obra sobre o valor da constancia, o esforzo e o traballo ben feito. Con texto sinxelo, rítmico e fórmulas de repetición, é ideal para ler e escoitar con prelectores e primeiros lectores. Ademais, conta cunha textura no fío de seda que permite seguir a historia co tacto dos dedos. Eric Carle é un dos grandes autores da creación literaria infantil internacional cunha obra extensísima. Nas súas ilustracións alegres e coloristas destaca, como neste caso, o uso da técnica da colaxe.

Da cabeza aos pés
Un novo Eric Carle en galego e formato acartonado da man de Kalandraka. Entre a cabeza e os pés temos moitas partes do corpo, partes que compre coñecer e nomear. Percórreas con este divertido libro acartonado que convida a nenos e nenas a levantarse da cadeira e a moverse imitando os xestos dos animais. Xira a cabeza como un pingüín, inclina o pescozo como a xirafa, golpea o peito como o gorila, dobra os xeonllos como o dromedario... E ti, podes facer así? Claro que si!

Unha eiruga moi larpeira
Regresa ao catálogo de Kalandraka a obra máis emblemática de Eric Carle, un clásico internacional imprescindible traducido a máis de sesenta idiomas e do que se venderon máis de cincuenta millóns de copias. Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ao seu paso: froitas, verduras e algunha que outra larpeirada. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta. O día e a noite, o grande e o pequeno, os días da semana, os números, os nomes dos alimentos ou proceso natural da metamorfose son elementos presentes neste álbum maxistralmente construído e ilustrado coa técnica da colaxe que ten acompañado os lectores e lectoras máis pequenos arredor de todo o mundo.

Amigos
Un álbum de Eric Carle que expresa de xeito sinxelo pero profundo o verdadeiro valor da amizade. Compartían xogos, bailes e confidencias ata que a distancia os separou. Mais non houbo río, montaña, bosque, chuvia ou escuridade que impedise que se volvesen atopar. Cunha linguaxe sinxela e unhas ilustracións cheas de cor e expresividade, este álbum é quen de conmovernos e transmitir profundas emocións e sentimentos sobre o valor da amizade e do amor que supera ausencias e obstáculos. Unha obra perfecta para compartir que sorprenderá a lectores e lectoras e que remata cunha particular nota autobiográfica do autor.

Un grilo moi silencioso
Un novo Eric Carle en galego en edición acartonada e con sons, ideal para ver e escoitar. Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar. Nin a lagosta, nin a barbantesa, nin o verme, nin o mazaleites puideron escoitar o seu son. Tampouco os demais habitantes do prado ata que unha noite, á luz da lúa, se atopou cunha grila… Nesta obra encontramos algúns dos temas habituais en Eric Carle: a natureza, o fluír do tempo, o crecemento, a transformación,… E tamén moitos dos trazos característicos da súa proposta plástica: a cor, o trazo rápido ou a colaxe. Un acartonado ideal para aprenderlles ás crianzas os fermosos nomes dos insectos en galego que conta cunha sonora sorpresa final.
