José Antonio Chaves Mosquera
Nacido na fermosa A Pobra do Caramiñal, Toni Chaves é un apaixonado do mundo do café. Acreditado como barista pola Specialty Coffee Association (SCA), rexenta desde 2016 o Café Literario Ágora no creativo concello de Boiro. Esta é a súa primeira incursión no marabilloso mundo das letras.
Su libro

As aventuras dunha semente máxica
Alguén dixo unha vez que a lenda comeza onde a Historia non era quen de continuar, polo que non debería estrañarnos atopar cabras endemoñadas, xitanas adiviñas, bandeirantes sedutores ou santos exiliados a falar de como a mellor bebida creada polo ser humano acabou por conquistar as nosas vidas. Así que, prepare unha deliciosa cunca de café, acomódese preto do fogar e goce das incribles viaxes que lle ofrecerá esta pequena obra. Saúde!
