McKee
Sus libros

Ara no, Bernat
Aquest clàssic de 1980 és una inquietant i divertida història per a primers lectors, i alhora fa un toc datenció als adults, tan ocupats en les seves coses que no atenen suficientment les necessitats –no només materials, sinó afectives- dels fills. Malgrat que en Bernat avisa als pares que hi ha un monstre que sel vol cruspir, cap dels dos li fa cas. En el súmmum de labsurd, el monstre arriba a ocupar el lloc del nen dins la llar, sense que ningú més de la família se nadoni i continuen ignorant-lo, tal com feien amb en Bernat.

Elmer
A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente! Cumpridos 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais. Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia e simpatía, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade, a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto. Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resolta, fan desta obra un recurso imprescindible para primeiros lectores.

Elmer
O ceo xa estaba escuro e estrelado cando Elmer, o elefante de retallos, sentiu chorar. Era o bebé elefante. –Non pode durmir –dixo a mamá elefanta–. Quere o seu osiño. Levámolo con nós a unha excursión e perdémolo. –Non te preocupes –dixo Elmer–. Eu prestareille o meu e mañá buscarei o osiño que se perdeu… Elmer volve protagonizar unha historia chea de tenrura, empatía, xenerosidade e axuda colectiva. Nesta ocasión, o simpático elefante multicolor comparte o seu osiño de trapo cun bebé desgustado pola perda do seu boneco. Daquela, porase en marcha unha cadea de solidariedade entre todos os habitantes da selva na procura de tan prezado tesouro.

Elmer e Wilbur
Elmer contara coa axuda de Wilbur para atopar un osiño perdido nunha das anteriores aventuras deste simpático personaxe multicolor; agora é Wilbur quen necesita que o seu curmán o saque dun apuro, algo no que van colaborar de xeito entusiasta outros elefantes. Velaquí un novo relato cheo de amizade, tenrura, ledicia, empatía, solidariedade e axuda colectiva, e tamén moito humor. Porque se Elmer se caracteriza por ser traste, Wilbur é outro trangalleiro. Por iso dar con el convértese en toda unha peripecia: non está onda o tigre, nin no tobo dos coellos e tampouco é súa a imaxe que se reflicte na superficie do lago… a voz de Wilbur escóitase por todas partes, pero non hai nin rastro del a pesar de que o seu aspecto é tan chamativo como o do seu curmán.
