Nogueiras
Sus libros

Brinca vai!
Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar: a natureza, a amizade, as nosas festas, os libros... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico. Con divertidos videos musicais e contidos adicionais na web

Extra!
«Extra!» é a nova obra de Paco Nogueiras logo de «Radio Bulebule» e de «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación deron lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O autor volve recuncar nos medios de comunicación -nesta ocasión, a prensa escrita- coas 12 cancións deste novo libro-disco ilustrado por Marc Taeger que, ademais, conta co apoio dos videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.

Son animal
Un novo libro-disco de Paco Nogueiras dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións para cantar e bailar a calquera idade. O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña, o zunir do mosquito... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste traballo co que viaxamos polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock and roll, dende unha fanfarra circense até unha melodía de influencias andinas. As coloridas ilustracións de Marc Taeger permiten imaxinar esa granxa divertida e as páxinas finais do libro achegarán a lectores e lectoras adiviñas, refráns e ditos da nosa tradición oral que falan dos protagonistas deste SON ANIMAL.
