
Raquel Montoto Gómez
Raquel Montoto Gómez (Lalin, 2005) leva escribindo dende nena. Estudante de Filoloxía Hispánica e de piano, entende a escrita como unha forma de liberación e encontro. Apaixonada pola poesía, a música e a linguaxe, este é o seu primeiro poemario: unha escolma intima e sincera dos camiños que foi percorrendo coas palabras.
Su libro

Un poema que lembrar
POESÍA56 pág.ISBN 9791387875619
Un poema que lembrar é unha viaxe polas emocións que nos constrúen: o paso do tempo, a memoria, a perda, a identidade, a arte e o amor polos que xa non están. Cada verso recolle instantes que laten, feridas que cicatrizan e silencios que falan.
