Reixa
Sus libros

Melancoholemia
En la frontera de la cordura y la alienación, de la diferencia radical entre la realidad y la percepción de lo real, de la perplejidad como actitud vital frente al sedante del conformismo surge «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». El protagonista de este sorprendente y descarnado relato es el anfitrión en la jornada de puertas abiertas de una institución de salud mental que, desde un escenario, desgrana el rocambolesco relato de un ser patético y sin personalidad que recorre lugares (y tiempos) insólitos -desde «El Jardín de las Delicias» de El Bosco hasta los restos sumergidos del submarino ruso Kusk, pasando por la antigua Suevia galaica- introduciendo elementos de la cultura contemporánea: conocidas marcas comerciales, personajes de cómic, el fracasado proyecto del mundo virtual Second Life, iconos del patrimonio histórico y cultural gallego…

Melancoholemia
Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radical entre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidade como actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonista deste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que, dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariño ruso Kusk, pasando pola antiga Suevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea: coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico e cultural galego…

Enciclopedia perplexidade
Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das fifiguras máis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea. Tras “Melancoholemia. Vida de mamarracho”, Antón Reixa regresa á colección Rizomas con “Enciclopedia perplexidade”, unha antoloxía dos seus poemarios publicados entre 1976 e 2023: “Crebade as liras”, “Silabario da turbina” e “A dama que fala” -ambos co colectivo Rompente-, “As ladillas do travesti”, “Historia do rock and roll”, “Transporte de superficie”, “Ringo Rango”, “Escarnio”, “Látego de algas”, “Leccións de cousas”, “Algo raro pasa raro”, “Michigan, acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma”, “Outlet” ou o recente “2ª man”. No prólogo da obra, o profesor e escritor Xabier Cordal afirma que de entre todas as facetas creativas na traxectoria de Reixa -cine, televisión, radio, música, videoarte, performance…- a poesía ocupa o primeiro lugar. A perplexidade sobre o mundo e sobre a vida, “unha forma intelixente de escenificar o caos” segundo o autor, son unha constante nunha obra que abarca unha ampla temática: a estrañeza do cotián, as fraudes do idealismo, o inconsciente, a decadencia, o desexo e o tabú, a depredación capitalista, a violencia colonial en Galicia e noutros pobos…
