“POETAS DO REENCONTRO é unha irmandade de versos, en linguas galega e portuguesa, na que 75 poetas do panorama actual de ambos países, cada quen fiel ao seu estilo, tratan de amosar ao mundo as súas inquedanzas e sentimentos, un libro único, no que nun abrazo poético, xungue dúas patrias nunha soa matria” (José Carlos Ulloa García); “POETAS DO REENCONTRO” é unha colleita de poesía actual galaico-lusa que recolle as tendencias, tanto do norte como do sur do Miño, entre dúas culturas xemelgas que perduran a través dos séculos e que son como dúas pólas ou ramas da mesma árbore xunguidas por un talo e raices comúns, onde, ademais do reencontro dos poetas e poesía galaico-lusas, o lector destes versos, de temática tan variada, atopará neles, á súa vez, un verdadeiro encontro consigo mesmo” (Anxo Boán Rodríguez)
Aún no hay valoraciones. ¡Sé el primero en valorar este libro!