Albania na encrucillada da Operación Ferreiro

19.90€
Xuño de 1998. Skënder Daci franquea as augas do mar Adriático, vítima da miseria imperante en Albania, o país máis illado dos Balcáns. Mark, Alba e Jacques conforman os vértices dun triángulo sentimental. As súas historias mestúranse nun periplo pola Europa de finais do século XX. Alba Ferreiro ostenta unha desbordante sensualidade. Entrementres debuxa a carbón na escalinata da fachada das Praterías, coñece a Jacques, un violinista francés recentemente chegado do Camiño de Santiago. Xuntos emprenderán unha viaxe á vila do Arenteiro, o berce da protagonista. O músico finxirá namorarse dela, poñendo en perigo a súa integridade física ao desentrañar os enigmas dun inesperado pasado familiar.

ISBN/13:

Num. Páginas:

Tamaño:

Encuadernación:

Año:

Editorial:

Idioma:

Temática:

9788418570162

402

160x235

Tapa blanda

2021-03-18 17:07:15

Universo de Letras

Gallego

Ficción y temas afines (F)

Raquel Piñeiro González (O Carballiño, 1977). De raíces ourensás e lucenses, a autora quixo dedicar esta obra á memoria da súa nai Adelina e da súa terra natal; a antiga aldea de Portomarín. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Pontificia de Salamanca, ten desenvolvido o seu labor profesional en diversos ámbitos do sector hostaleiro e comercial. A súa proclividade cara ao coñecemento de múltiples disciplinas foina levando rumbo ao apaixonante mundo da literatura. Actualmente compaxina a faceta de escritora coa xestión dun viveiro de plantas na capital aragonesa.

No tiene menciones en prensa todavía

No hay booktrailer disponible

No tiene menciones en prensa todavía
© 2014-2024 LibrosCC. Todos los derechos reservados.
Logo Telegram ¡Únete a nuestro nuevo canal de Telegram para no perderte ninguna novedad! Unirse ahora