Xuño de 1998. Skënder Daci franquea as augas do mar Adriático, vítima da miseria imperante en Albania, o país máis illado dos Balcáns. Mark, Alba e Jacques conforman os vértices dun triángulo sentimental. As súas historias mestúranse nun periplo pola Europa de finais do século XX. Alba Ferreiro ostenta unha desbordante sensualidade. Entrementres debuxa a carbón na escalinata da fachada das Praterías, coñece a Jacques, un violinista francés recentemente chegado do Camiño de Santiago. Xuntos emprenderán unha viaxe á vila do Arenteiro, o berce da protagonista. O músico finxirá namorarse dela, poñendo en perigo a súa integridade física ao desentrañar os enigmas dun inesperado pasado familiar.
Aún no hay valoraciones. ¡Sé el primero en valorar este libro!